• Logotipo Grupo Lemaco
  • Contacto
  • Localización
Proyectos

SERVIZOS ESPECIALIZADOS DIRIXIDOS AO SECTOR ASEGURADOR

A actuación ante un sinistro por parte das aseguradoras superou fai tempo a mera indemnización, centrándose neste momento no servizo e a asistencia. No caso dos grandes sinistros industriais ou ambientais, unha rápida, adecuada e eficiente intervención de equipos especializados poden reducir as consecuencias e colaborar activamente na recuperación dos espazos danados, minimizando o custo destes e evitando maiores prexuízos, tanto para o asegurado como para o asegurador.

As diferentes actividades das empresas de GRUPO LEMACO permiten ofrecer a prestación dun servizo integral e unha rápida actuación tras a ocorrencia dun sinistro co obxectivo de reducir ao máximo o seu impacto, actuando cun enfoque global para dar resposta a problemas concretos, combinando adecuadamente equipos multidisciplinares de especialistas e maquinaria de última tecnoloxía, que lle permiten afrontar con éxito calquera recuperación independentemente da súa complexidade técnica.

GRUPO LEMACO ofrece os seguintes servizos especializados dirixidos ao sector asegurador:

   . Colaboración e asesoría a peritos.
   . Rápida resposta de intervención.
   . Servizo integral en demolición.
   . Salvamento e recuperación de bens sinistrados.
   . Valoración económica de mercancías sinistradas.
   . Recuperación e valoración de residuos metálicos.
   . Despezamento industrial.
   . Plantas de reciclaxe móbiles.
   . Descontaminación de chans.
   . Xestión e eliminación de amianto.
   . Xestión de residuos perigosos e non perigosos.
   . Retirada e Xestión de residuos orgánicos tras sinistro.
   . Transporte de residuos por vehículos autorizados.
   . Limpeza e desinfección das instalacións que
comprenden a retirada de residuos orgánicos