RETIRADA E XESTIÓN DE MATERIAIS CON AMIANTO
O amianto é un material considerado como un residuo tóxico e perigoso. Utilizado en produtos específicos para o illamento térmico, material de cerramento de cubertas e fachadas, constituído por unha mestura de cemento e fibras de asbesto.
O Real Decreto 396/2006, de 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, fixa as pautas a seguir en traballos de retirada de materiais con contido de amianto, detallando os requisitos necesarios.
As empresas do GRUPO LEMACO están homologadas e inscritas no R.E.R.A. (Rexistro de Empresas con Risco de Amianto), nas condicións e cos métodos estipulados para o desmonte e recuperación do amianto.
En materia de xestión e eliminación dos riscos derivados do amianto, ofrecemos os seguintes servizos especializados:
. Diagnóstico preliminar para determinar a presenza de amianto.
. Caracterización e distribución espacial no edificio ou instalación.
. Estudo de riscos e motorización do aire.
. Desenvolvemento de Plans de Xestión e Control.
. Elaboración de Plans de Traballo con Risco de Amianto.
. Subministración de materiais para o correcto acondicionamento
do amianto.
. Retirada dos Residuos de Amianto por persoal autorizado.
. Almacenamento temporal en Centro de Transferencia Autorizado.
. Transporte a xestor final de Residuos Perigosos.