SERVIZO INTEGRAL DE GRUPO LEMACO
PROXECTO DE DEMOLICIÓN INTEGRAL.
Elaboración de proxectos de demolición, plans de seguridade e saúde laboral, tramitación de autorizacións, dirección e coordinación de obras de demolición.
DEMOLICIÓNS.
Demolición mecánica de estruturas de formigón con retro escavadoras equipadas con demoledores de alta capacidade e robots para demolición técnica a distancia
DESPEZAMENTO INDUSTRIAL.
Despezamento de grandes estruturas metálicas con oxicorte manual e escavadoras industriais provistas de cizallas hidráulicas de alta potencia.
DESPEZAMENTO NAVAL.
Despezamento de barcos, rescate de buques encallados, descarga en porto de mercancías sinistradas e operacións marítimas especiais.
SERVIZO DE SALVAMENTO DE BENS SINISTRADOS.
Servizo profesionalizado de salvamento e recuperación de bens sinistrados logo dun incendio ou inundación.
PLANTAS DE RECICLAXE MÓBILES.
Machaqueo e cribado en obra de residuos procedentes de demolición e aproveitamento de subproductos xerados para acondicionamento de chans
INSTALACIÓNS MÓBILES DE CLASIFICACIÓN E TRIAXE.
Máquinas de gran rendemento para a clasificación e triaxe en obra de residuos mesturados de construción e demolición para a súa valorización.
RETIRADA E XESTIÓN DE MATERIAIS CON AMIANTO.
Elaboración de plans de traballo, retirada de residuos con amianto por persoal autorizado, acondicionamento e transporte a xestor final autorizado.
TRANSPORTE DE RESIDUOS.
Parque móbil formado por camións equipados para efectuar a recollida e o transporte de residuos perigosos e non perigosos.
SERVIZO DE COLECTORES.
Servizo de colectores de distintas capacidades, preparados para distintos residuos, tanto sólidos como líquidos.
XESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS.
Xestión integral de residuos industriais, perigosos e urbanos segundo estudo previo de situación ambiental nos distintos procesos produtivos.
XESTIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS.
Retirada, transporte en vehículos acondicionados e xestión de residuos orgánicos procedentes de sinistros e incendios.
RECUPERACIÓN DE METAIS.
Clasificación e homoxeneización de distintas clases de metais férricos e non férricos para a súa posterior subministración a empresas siderúrxicas nacionais.
PRENSA MÓBIL.
Prensas móbiles con guindastre para empaquetado de vehículos e diversos materiais metálicos, facilitando a súa provisión, xestión e transporte.
TRATAMENTO PARA VEHÍCULOS FÓRA DE USO.
Centro autorizado para a recepción, tratamento de descontaminación, emisión de certificados de destrución e tramitación de baixas de vehículos fóra de uso.