• Logotipo Grupo Lemaco
  • Contacto
  • Localización
Proyectos

RECICLAXE E VALORIZACIÓN

DESGUACES LEMA é unha empresa do grupo cunha dilatada experiencia que se foi adaptando ás necesidades e demandas da industria, sendo un punto clave a reciclaxe e a valorización.

Conta cun persoal con gran experiencia e instalacións equipadas con maquinaria de alta tecnoloxía que a través dos seus procesos de recuperación, clasificación e homoxeneización das distintas clases de metais férricos e non férricos, obtén unha gama de produtos de primeira calidade utilizados por empresas siderúrxicas nacionais na elaboración de novos bens de consumo.

DESGUACES LEMA

Coa valorización de residuos industriais garantimos un total respecto e implicación polo medio ambiente, conseguindo cos nosos procesos de reciclaxe e clasificación un aproveitamento máximo dos residuos xerados, á vez que pomos no mercado unha ampla gama de subprodutos perfectamente utilizables e aproveitables para terceiros, de maneira que evitamos a eliminación dos mesmos e unha sobreexplotación dos distintos recursos naturais.

A eficacia dos servizos de Desguaces Lema sopórtase en tres alicerces:

Infraestrutura e tecnoloxía:
Conta cos medios técnicos, estruturais e humanos necesarios para abordar traballos de gran calado e cumprir os prazos de execución.

Observa coidadosamente a normativa vixente no tocante ao tratamento de residuos.
Desguaces Lema é xestor autorizado pola Xunta de Galicia. [Consultar listaxe de autorizacións]

Aplicamos unha esixente política ambiental e de seguridade.
Tras analizar a súa actividade produtiva, expomos solucións para xerar o menor impacto ambiental no tratamento dos seus residuos. Traballamos sempre baixo estritas condicións de seguridade e Prevención de Riscos Laborais para garantir o menor impacto na contorna e a integridade dos equipos de traballo.