DEMOLNOR é unha empresa especializada en derribas e demolicións mecánicas. Abarca todo tipo de obra civil e industrial, acometendo obras tanto en grandes edificios como naves industriais, centrais térmicas, depósitos de gran volume, superficies contaminadas e un longo etcétera.
Realización de análise, retirada e tratamento dos residuos perigosos e non perigosos resultantes das demolicións, emisión dos certificados correspondentes e da súa correcta xestión e elaboración do informe de residuos de acordo coa lexislación vixente.
A súa actividade desenvólvese en toda España e inclúe por unha banda, a redacción dos Proxectos de Demolición e Estudos de Seguridade e Saúde Laboral, a Dirección Facultativa dos traballos e a Coordinación de Seguridade, e doutra banda a Execución Material das demolicións e a Xestión Ambiental durante todo o proceso da demolición.
A experiencia adquirida e a actualización continua da maquinaria permítenos garantir a calidade, a seguridade e a rapidez en todos os nosos traballos, sendo por iso unha das empresas punteiras no sector, acreditada polos numerosos traballos de demolición realizados coa máxima eficacia e profesionalidade.
A reciclaxe dos materiais "in situ" xerados na demolición coas nosas plantas móbiles é unha opción que reduce os custos e prové ao cliente dun material reciclado de gran calidade e reutilizable para distintos usos en obra.