Na actualidade a xestión dos residuos urbanos nas sociedades avanzadas experimentou unha gran evolución para adaptarse aos principios do desenvolvemento sostenible. Por iso, estudamos en cada caso unha solución integral e personalizada que se adapte ás necesidades do cliente e respecte as normativas vigentes.
Á hora de desenvolver os nosos servizos ambientais Desguaces Lema, S.L. garante a máxima protección da contorna, para iso, contamos coas autorizacións necesarias da Xunta de Galicia para recoller, transportar e valorizar residuos sólidos urbanos.
A experiencia adquirida no desenvolvemento da nosa actividade permítenos adaptarnos ás necesidades e circunstancias actuais de cada un dos nosos clientes, sendo o noso obxectivo fundamental a súa satisfacción, así como a recuperación dos posibles recursos contidos nos residuos.
Dispoñemos dun parque móbil formado por camións perfectamente equipados para efectuar a recolleita e transporte dos residuos así como contenedores de diversos tamaños adecuados para necesidade.